Skip to content Skip to navigation

20 ANIVERSARIO DAS CANTAREIRAS DO ALBA

Esther, Marecha e Marina formaron parte das primeiras promocións do grupo xurdido ao abeiro do Centro Cultural e Veciñal, contribuíndo a esa recollida. “Xa había un aula de pandereteiras formada por mozas, pero nós queríamos cantar”. Así, Marina lembra como de rapaza saía coas curmás e as veciñas da Garrida a interpretar panxoliñas polas casas e despois a igrexa, o antecedente dos actuais cantos de Reis durante a misa. "Á casa viñan portugueses a mercar madeira para os estaleiros e ensináronos  panxoliñas portuguesas. Marecha, natural de Vincios, sempre tivo moi presente o canto na súa vida, “dende que a filla da nosa mestra nos ensinaba as pezas”. Da familia dos Esparteros (coñecidos así polo seu bisavó, caballista do xenaral Espartero), Marecha tamén lembra unha conexión especial co país veciño. “Os meus pais cantaban moi ben e os portugueses que nos viñan traballar os campos aprendíanlle as súas cantigas”. Aínda que Esther non se implicou directamente coa música ata chegar ao grupo, si que a identifica coa súa nai, Armenia: “Antes cantábase en todas partes, no campo, na cociña, ao ir lavar”, e non só para expresar ledicia, “ás veces, enfadada, cantaba o que non lle dicía a eles”.
Entre as pezas, recollidas en Valadares entre 1999 e 2003 e que conformarán o repertorio da homenaxe, hai ribeiranas e xotas. “Son historias, romances e tamas para o baile”.


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014