Skip to content Skip to navigation

ALEGACIÓNS/SUXERENCIAS AO PLAN XERAL NA GARRIDA E SOBREIRA

 A fase de avance do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) presenta unha serie de afeccións ao conxunto da nosa parroquia que representan unha incidencia para o desenvolvemento futuro e a calidade de vida da veciñanza. Ante tamaña magnitude temos elaborado unha serie de propostas, a xeito de suxestións, que todas e todos podedes pasar a recoller e, si se está de acordo, asinar para presentalas no prazo que remata o próximo día 10 de agosto. O horario de oficina é de 09.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00.


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014