Skip to content Skip to navigation

CLASES DE APOIO ESCOLAR

O CVC de Valladares ofrece clases de apoio escolar gratuítas ós/as alumnos/as de primaria que teñan algún tipo de dificultade ou necesidade de axuda nos estudos.
 
Pais / Nais ou Titores deberán SER/FACERSE socios/as do Centro  e demostrar que non dispoñen de suficientes recursos económicos para afrontar dito servizo. Por iso as familias deberán ser valoradas pola Traballadora Social do CVC de Valladares.
 
Dependendo do curso do neno ou da nena, as clases serán LUNS, MÉRCORES ou VENRES, de 16:30 h. a 18:00 h.
 
Para calquera dúbida ou consulta, poden chamar ó nº de tfno. 986 467053, ou acudir ás oficinas do CVC de Valladares. Camiño do Pedregal, 6


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014