Skip to content Skip to navigation

Festa do Socio/a 2016

Celebrouse a 35ª edición da Festa do Socio e da Socia do CVC de Valladares, no incomparable marco do Monte dos Pozos, coas súas marabillosas vistas á ría de Vigo. Conmemorábase tamén a XXVIII Festa da Veciñanza e a 27ª Festa do Polbo, que patrocina o Concello de Vigo. Unha climatoloxía benévola permitiu que a xente fose desprazándose, paulatinamente, durante todo o día. O punto álxido foi entre as 13:30 h. e 15:00 h., con multitude de persoas recollendo a súa correspondente tapa de polbo e a súa ración de churrasco, contando para iso con un amplo abano de directivos/as e colaboradores/as.A parte máis emotiva, sen embargo, foi a entrega de agasallos para as persoas e entidades parroquiais que, pola súa traxectoria, fixéronse meredores de recibir tales distincións. En fin, outro día para lembrar nesta dinámica parroquia de Valladares e, sobre todo, para as persoas que, coas súas aportacións anuais colaboran a que esta festa poida seguir celebrándose. Dunha maneira ou de outra, esperemos que poidamos continuar moitos máis anos.

Premendo na fotografía aparecerá unha ampla reportaxe fotográfica no noso sitio en Facebook


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014