O Concello de Vigo colaborou no financiamento do proxecto relacionado coa investigación, a innovación e o emprego
DIVERSAS ÁREAS DO CVC DE VALLADARES NAS REDES SOCIAIS
SÍGUENOS!
APERTURA DO CVCV E REANUDACIÓN DAS SÚAS ACTIVIDADES
DACORDO COAS NOVAS NORMAS POR MOR DA PREVENCIÓN DA COVID-19 ESTE CENTRO VECIÑAL E CULTURAL DE VALLADARES REANUDARÁ A SÚA ACTIVIDADE A PARTIR DO VENRES 26 DE FEBREIRO.
A CAFETERÍA ABRIRÁ DE 09.00 A 18.00 HORAS
A LUDOTECA REANUDARÁ A SÚA ACTIVIDADE O LUNS 1 DE MARZO
A DIRECTIVA
INFORMACIÓN PÚBLICA SOBRE A MELLORA DA ESTRADA XERAL DE VALLADARES
Nos documentos anexados pódese consultar a información dispoñible sobre a mellora da seguridade viaria e da accesibilidade da PO 330. A Estrada Xeral de Valladares ao seu paso pola nosa parroquia.
O 20 de xaneiro do ano 1971 asinouse a acta de constitución do Teleclub CCAR de Valladares. Daquela cúmprense 50 anos de cultura e veciñanza. No momento no que as circunstancias sanitarias o permitan faranse as oportunas celebracións.
De momento deixamos unha imaxe da acta fundacional e do logotipo que acompañará todas as actividades e a comunicación do Centro ao longo deste 50 ANIVERSARIO.
A colección de libros albergada pola familia ao longo de 60 anos reúne máis de 8500 volúmenes e máis de 7000 títulos. Ensaios, biografías, coleccións de grandes autores ou xéneros, libros de principios de século XX como da última década, compoñen unha rica e variada herdanza, que a familia "de Castro" cede á Biblioteca de Valadares con todo o seu agarimo.