Skip to content Skip to navigation

Festas

NADAL

 

O tempo de Nadal está cheo de actividades e festas.

Entre outras actividades cabe salientar as saídas da Rondalla do CVCV a diversas localidades dos arredores onde participan en desfiles e concursos.

Logo de meses de ensaios nesta época é cando podemos ver o seu traballo.

Tamén podemos vela no Festival de Rondallas que se celebra normalmente nas datas de Reis no Campo de Fútbol de Valladares

ENTROIDO
 

Efectivamente, a comparsa representativa da parroquia de Valladares (Vigo) volveu sair a celebrar o Carnaval 2017, por diversas localidades. Cunha monumental estatua da Liderdade "muda" -escultura do artista local Remigio Davila-, estiveron en diversas localidades como Tomiño, Vigo ou Salceda de Caselas.

MAIOS

Os pícaros da Escola de Educación Infantil "Monte do Alba" traen cada ano o seu "Maio" para que o vexamos todos e cantemos ao seu arredor as coplas para dar a benvida á primavera.

SAN XOAN

Na festa de San Xoán ademais da Fogueira onde queimar todo o que nos trouxo mal fado pódense comer unha sardiñas, ou un chourizo acompañados de pan e viño

FESTA DO SOCIO/A

 

A Festa do Socio/a, Veciño/a e do Polbo é a maior festa que celebra o Centro Veciñal.

Nesta data toda a actividade do   Centro trasládase ao  Parque  Forestal do Monte do Pozos e ao longo de todo o día pódese gozar das actividades gastronómicas, lúdicas e festivas programadas para a xornada.

MAGOSTO

Cando chega o frío e  San Martiño temos  o Magosto.
Nesta festa trátase sobre todo de comer castañas asadas e beber o viño novo. Iso sí, acompañado sempre de boa música tradicional da terra.

 

Para rematar o ano temos a Rondalla a percorrer a parroquia comezando a súa actividade.


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014