Skip to content Skip to navigation

Asociarse

Dentro da asociación poderán existir as seguintes clases de asociadas/os:
a) Fundadoras/es, aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional
b) De número, aquelas/es que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional
c) Honorarias/os ou colaboradoras/es, aquelas persoas físicas ou xurídicas, que a proposta da Xunta directiva e contando coa aprobación da Asemblea Xeral axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da asociación.
d) Xuvenís, aquelas persoas menores de 18 anos que participen na asociación, que estarán integradas e representadas pola sección xuvenil, nomeada “Xuntanza Xuvenil do CVCValladares”
e) Protexidas/os, aquelas persoas que por atravesaren dificultades económicas ou de saúde non poidan facer fronte ás cotas sociais que se estipulen en cada momento. Estes poderán ser temporais ou permanentes e sempre a expensas dos criterios que poña a Xunta Directiva en cada momento.
COTAS ANUAIS  ASOCIADAS/OS
COTA FAMILIAR45€/ano
Todos/as socios/as pasarán a pagar a cota familiar, a non ser que se atopen nalgún dos seguintes supostos:

  • Os/as fillos/as de socios/as, que estén estudando, menores de  23 anos, formarán parte da unidade familiar, quedando cubertos/as polos seus pais.
  • As unidades familiares  que cobren menos de 500€ ao mes, pagarán unha cota de 20€ ao ano. Acreditarán a súa situación co certificado do INEM/ Seguridade Social
  • As unidades familiares, con ingresos entre 501 e 700€ ao mes, pasarán a pagar unha cota de 30€ ao ano. Acreditarano con tarxeta da Seguridade Social e certificado de ingresos da Seguridade Social
  • As unidades familiares que cobren entre 701 e 1.000€ ao mes, pagarán unha cota de 35€ ao ano. Acreditarano coa declaración da renda, tarxeta da Seguridade Social e certificado de ingresos da Seguridade Social
  • Estudiaranse casos especiais (dependentes, familias numerosas, etc.)

 
 
Nos arquivos adxuntos poderás descargar os nosos estatutos.
Tamén a ficha de socia/o que deberás encher e presentar na oficina.
Asemade o formulario para solicitar a cota axeitada á túa situación persoal.
 


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014