Skip to content Skip to navigation

A HISTORIA DA VOGALÍA DA MULLER E A A.MM. PEDRA DA VELLA

A historia do movemento das mulleres na nosa Parroquia, nace dende o momento no que xorden distintos grupos de mulleres que poñen en marcha temáticas de interese para o desenvolvemento das mesmas. Son varias as que comezan a conquistar un espazo a ocupar, coa finalidade de ter representatividade nun lugar onde ata ese tempo só había a presenza de homes, deste xeito Teresa Ramilo Comesaña, Blanca Davila Ramilo e Paz Barreiro Fernández son membras da primeira directiva que se forma no Centro Cultural. Esta primeira presenza e a súa implicación abre camiño ao traballo doutras mulleres.
            Ainda que as mulleres sempre participaron nas distintas directivas do Centro Veciñal e Cultural de Valladares, con pequenas tarefas, importantes pero invisibles como cobrar recibos, empaquetar agasallos para actividades,etc., nunca tiveran presenza en cargos de responsabilidade, é entón na década dos noventa cando se crea a Vogalia da Muller, baixo a directiva de Maria Alonso, a primeira muller ao cargo da organización. Esta posta en marcha coincide cun momento no que a política local estaba a apostar polo traballo coas mulleres dende os distintos eidos e dende o contexto das parroquias de Vigo, estando  Ana Gandón na Concellería de Muller, poñendo en marcha o “1º Plan de igualdade de Oportunidades de Vigo 1994”. Desenvólvese dentro deste marco de traballo o programa “As cidadáns, saen das súas casas”.
 
      Formalízase pois a Vogalía da Muller no  ano 1992 con María Alonso Salgueiro, acompañada de Oliva Estévez Deaño, Ana Perez Dávila, Purificación Sánchez Calvar, Margarita Sánchez Pérez, Delfina Hermida Vila, Dolores Ramilo Iglesias, M Carmen Lima dos Santos,Marina Ramilo Rodríguez, Esther Alonso Rial, Paz Fernández Troncoso, Begoña Bastos Covelo,Luz Otero Fernández e Mª Elena Pérez Figueroa coa participación doutras mulleres que aportaban o seu traballo dun xeito activo e desinteresado, para a posta en marcha de distintos cursos, obraoiros, charlas, clases de ximnasia…,etc., destinadas a outras mulleres.
 
Dende o ano 1994 ata o 2000 cóntase coa Presidencia de Cristina Vila Quintas, co equipo de Purificación Sánchez Calvar,Paz Fdez.Troncoso, Esther Alonso Rial, Marina Ramilo Rguez. Teresa Ramilo Alonso, MªCarmen Lima dos Santos, Begoña Bastos Covelo, Elena Pérez Figueroa, Fernanda Fernandez Troncoso e Beatriz Besada Ramilo, que desenvolven un papel moi importante durante estes 6 anos, nos que se incorporan novas actividades como os cursos de inglés tanto para maiores coma para a rapazada, cursos de galego, cursos de coiro, risoterapia, expresión corporal e comunicación, cursos de cociña mixto para que os homes se involucren nestas tarefas tan dirixidas na sociedade  ás mulleres. Tamén se incorporan outras demandas das mulleres como saídas culturais, rutas de sendeirismo, recollida da herbas de S. Xoan, intercambios, e a organización de festas como o antroido para persoas maiores e rapazada.
 Nesta época xurden outras necesidades como a  posta en marcha de servizos de canguras para fillas e fillos de mulleres que acuden a realización de actividades.
 
 2000-2003.- Montserrat Comesaña Alvarez,Marina Ramilo Rodriguez, Esther Alonso Rial, Eugenia Garcia Rodriguez,Manuela Rodriguez Amorin, MºCarmen Lima dos Santos, MªCarmen Pérez.
 
2004 ata 2007.- Manuela Rodríguez Amorín, Mercedes Vila Nieto, Marina Ramilo Rguez.Ester Alonso Rial,Eugenia Garcia Rguez.,
 
2007-2008.- Teresa Ramilo Alonso, Mercedes Comesaña Novoa,Marina Ramilo Rguez., Esther Alonso Rial, Eugenia Garcia Rguez.Mercedes Vila Nieto, Cristina Vila Quintas, Carmen López.
Con esta directiva nace o Banco do Tempo.
 
2008-2009.- Beatriz Besada Ramilo, Eugenia Garcia Rodriguez, Mercedes Comesaña Novoa, Marina Ramilo Rguez, Esther Alonso Rial , Natividad Vila Costas,Cristina Vila Quintas, Maria Jose Liste, Mercedes Vila Nieto, Teresa Gonzalez Costas.
Nesta directiva a Marcha Mundial das Mulleres cedeu unha pancarta en contra da violencia de xénero, está colgada no  miradoiro  do Centro Cultural de Valladares.
 
2009-2011.- Rosa Vázquez Romay, Beatriz Besada Ramilo,Marina Ramilo Rguez.Esther Alonso Rial,Mercedes Comesaña Novoa, Cristina Vila Quintas, Mercedes Vila Nieto, Teresa Gonzalez Costas, Mª Jose Vila Estevez,  Ana Pérez Davila e Maria José Liste.
    
Todas estas directivas traballan na mesma liña, siguese conservando cursos, talleres,activades porque as mulleres así o demandan.
 
O traballo na Vogalía da Muller abre camiño a  posta en marcha da Asociación de Mulleres Pedra da Vella, que nace para mellorar atrancos da Vogalia e ampliar o traballo desta, achegándonos máis recursos xa non só dende o local senon dende outras administracións que apostan polas políticas de igualdade como a Deputacion e Xunta de Galiza. Estas administracións complementan outras áreas de traballo como a formación para o emprego, cubrindo así un eido determinante na conquista doutros espazos para as mulleres, deste xeito realizáronse cursos como de Carpinteiría, Encadernación de libros, Xardineiría e poda, Axuda a persoas dependentes, Loxística e textil..etc.
 
     Queremos tamén destacar algunhas actividades, pola súa importancia para as nosas mulleres, como a de “Recoñecemento as mulleres da parroquia”, co obxectivo de visibilizar o seu traballo e os seu saberes para a parroquia, deste xeito foron homenaxeadas mulleres como Dona Laura Davila Fernández, que neste momento ten 101 anos, Dona Herminia Alonso Quintas de 90 anos, Dona Palmira Costas Costas e  Dona Pilar Figueroa Ucha.
            Outra das actividades significativas a desenvolver son as exposicións relativas ó “25 de novembro dia internacional de loita contra a violencia de xénero”, ou o “8 de marzo dia internacional da muller traballadora”, ou en novembro a celebración das xornadas de muller.
     No relativo a sensiblización contra a violencia de xénero, a través da actividade de “reconto de mortes das mulleres en todo o Estado”, visibilizandoo na silueta de muller na entrada do CVCV.
     Outro eido de traballo actual é a participación na Federacion Veciñal Eduardo Chao, na Marcha Mundial das Mulleres( MMM), e no Proxecto Leader AGDR-18, o cal aporta riqueza na representatividade das mulleres en grupos de traballo para o desenvolvemento rural.
 
     CONCLUSIÓNS:
     Queremos concluir coa reflexión sobre o avance que suposo todo este traballo descrito, o gran salto para a participación social das mulleres que conleva a visibilidade noutros espazos que non son o espazo privado, do coidado da familia e do desenvolvemento de tarefas de agro-gandería. Unha presenza nos espazos públicos ben a través da asunción de postos de responsabilidade como xestoras, ou ben como  participantes nos grupos de formación, de intercambio de experiencias vivenciais e de empoderamento para as propias mulleres.
 
     A participación igualitaria é un camiño moi longo, e todo o traballo desenvolto reflíctese actualmente con máis de 300 mulleres en activo facendo cursos, e buscando un espazo de participación, a través de todas as actividades que organizan a Vogalía e a Asociación de Mulleres Pedra da Vella. Algúns obxectivos están acadados como é o de crear un espazo de participación das mulleres, onde non hai tanto tiña unha predominancia masculina, e onde por exemplo unha muller non era aceptada coa súa presenza en espazos como a cafetería.
     Para seguir este camiño cara a igualdade de oportunidades é necesario a implicación de todas as mulleres e homes e dun cambio de valores, que facilite nun futuro máis facilidades para todas e todos.
 
Non podemos deixar atrás todas aquelas mulleres que antes, durante e ata agora, traballaron dende as distintas áreas do Centro Cultural, algunhas das que estiveron e están son:
 

  • Tere Glez Costas,Herminia López Fraga, Nieves Lorenzo Vila, e Esther Alonso Ríal na terceira idade e bodas de ouro.
  • Tere Ramilo Alonso, Mercedes Costas Costas e Ana Pérez Davila na Área de Saúde.
  • Eugenia García na Ludocentro.
  • Tere Ramilo Alonso en Bancos do Tempo.
  • Cristina Vila Quintas, Isabel Gonzalez Lorenzo, Lucia Salgueiro Pérez na Área de Cultura.
  • María Davila Fernández na Área de Deportes.
  • Dona Emilia Alonso Costas madriña do CVCV, na directiva de Teodoro Piñeiro Alonso e Delio Guisande Alonso.
  • Carmen Costas Vilaboa, (Mucha), coa sua colaboración se organízou o primer nacemento vivinte de nenas-os no nadal e o primer equipo de fútbol de mulleres na parroquia para arranxar fondos pois a ponte do Foxo un inverno desapareceu.
  •  Juanita Rodríguez Álvarez e Lidia Rodríguez Álvarez como madriñas do Club Deportivo de Valladares.
  • Charito e todas as mulleres que a principios da década dos sesenta montaron elas soias a Festa do Neno Xesús.
  • E outras moitas colaboradoras que a pesar de deixar o seu esforzo, non figuran aquí co nome e apelidos, para elas especialmente e para todas, moitas grazas por aportar o seu tempo e as gañas de construir outro mundo posible.

E dende a actual directiva da Asociación de Mulleres Pedra da Vella e a Vogalía da Muller, queremos dar as grazas pola súa colaboración nesta redacción a Carmen López.


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014