Red Conecta doou dúas tabletas para a Punto da Rede do noso Centro que permiten ampliar o equipamento tecnolóxico dirixido á formación cos que conta a nosa aula.
O Punto da Red Conecta viu ampliado o seu equipamento grazas á Rede Conecta, quen doou dúas tabletas dixitais ASUS. Estas tabletas xa son utilizadas polos usuarios nalgunhas das actividades do Centro, e destinaranse, ademais, aos novos proxectos que desde o Centro están a prepararse para despois do verán.
A programación a para o novo curso mantén como obxectivo seguir achegando as Tics á cidadanía de Valladares e arredores.
O noso centro está adherido á Rede Conecta, un proxecto estatal coordinado pola Fundación Esplai e que conta co principal apoio e financiamento de Microsoft e do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.
Nas fotografías poden verse a dúas colaboradoras póndose ao día no manexo das tabletas que poderán utilizar nas súas saídas á procura de documentación e información para o proxecto de radio comunitaria na nosa parroquia no que colaboran o Centro Veciñal, a Comunidade de Montes e Alg-lab.
Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014